ÍNDICE


ZDP: Zona densamente poboada; ZIP: Zona intermedia; ZPP: Zona pouco poboada


Información para Galicia e provincias segundo o grao de urbanización


Número de establecementos por cada 1.000 habitantes segundo o grao de urbanización. Información para Galicia e provincias. Ano 2022

No ano 2022 o número de establecementos por cada 1.000 habitantes crece co grao de urbanización para Galicia e todas as provincias.

 
En Ourense é onde máis diferenza hai entre as zonas de urbanización no tocante a este indicador (35,6 puntos de diferenza), mentres que en Lugo é onde o número de establecementos é máis similar entre as distintas zonas: hai 29 establecementos por cada 1.000 habitantes máis na ZDP que na ZPP.
 
Se se analiza o número de establecementos por 1.000 habitantes segundo o subgrao de urbanización apréciase igualmente que a zona con maior número de establecementos por 1.000 habitantes é a ZDP; e onde este indicador é menor é na ZPP baixa, pero nas subzonas intermedias non se pode identificar un patrón que relacione o subgrao de urbanización co número de establecementos por 1.000 habitantes.

 

Total ZDP ZIP ZPP
Galicia 85,3 101,5 80,7 69,8
   • A Coruña 85,1 104,9 76,3 70,1
   • Lugo 86,8 102,1 92,8 73,1
   • Ourense 84,8 103,6 92,8 68,0
   • Pontevedra 85,1 96,9 81,0 67,6
Nota: non inclúe o sector primario nin a administración pública (seccións A e O da CNAE-2009)


Información para Galicia segundo o subgrao de urbanización


Número de establecementos por cada 1.000 habitantes segundo o subgrao de urbanización. Galicia

 

2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022
Total 86,3 87,3 87,9 87,5 86,0 84,6 85,3
ZDP 104,9 105,6 106,4 105,6 103,4 100,8 101,5
ZIP alta 80,8 81,2 81,6 81,4 79,9 79,2 80,0
ZIP baixa 84,6 85,9 86,2 85,9 84,2 82,4 82,9
ZPP alta 73,3 74,3 74,7 74,2 73,0 72,4 72,9
ZPP intermedia 74,0 75,2 75,3 75,2 74,1 73,7 74,5
ZPP baixa 64,3 66,0 66,3 66,5 66,3 65,8 66,6
Nota: non inclúe o sector primario nin a administración pública (seccións A e O da CNAE-2009)

Definicións, fontes e máis información

Definicións

Número de establecementos por cada 1.000 habitantes:
É o cociente entre o número de establecementos e a poboación, expresado en tanto por mil.
Establecemento (empresas):
Empresa ou parte dunha empresa sita nun lugar delimitado topograficamente, no que se realizan unha ou varias actividades económicas ás que dedican o seu traballo unha ou varias persoas por conta dunha mesma empresa. Se polas propias características da actividade esta non se realiza nun lugar fixo, o establecemento é o lugar dende o que se organiza ou coordina tal actividade. Non se contabilizan como establecementos os almacéns e as sedes sociais ou os domicilios legais dos titulares das empresas no caso de que existan unicamente como soporte xurídico das actividades.
Padrón municipal de habitantes:
É o rexistro administrativo onde constan os veciños do concello. Os seus datos constitúen proba de residencia no concello e do domicilio habitual nel.

Descarga de datos

Fontes de información

IGE. Elaboración propia a partir de: IGE. Directorio de empresas e unidades locais, IGE. Cifras poboacionais de referencia